Portada ›› Mar, Pesca, Sub y Ecología ›› Concursos .Pesca deportiva ›› Selectivo de embarcación fondeada de la federación gallega de pesca

Selectivo de embarcación fondeada de la federación gallega de pesca

A Coruña 12 de Mayo de 2013

PROGRAMA
07:30 Concentración de pescadores no peirao de Marina Coruña
08:15 Saida para a zona de pesca.
09:00 Comenzo da primeira manga da proba.
13:00 Final da primeira manga e regreso a porto para a pesaxe, pic-nic e cambio
de embarcación.
14:30 Saida para a segunda manga.
15:00 Comenzo da segunda manga.
19:00 Fin da proba, regreso o peirao, pesaxe e clasificación de resultados.
Carácteristicas técnicas do escenario:
Fixáranse catro posibles escenarios, en función das condicións climatolóxicas e do estado do mar, e previo ó inicio da proba o Comité decidirá a ubicación idónea.
Xurado: A sua composición daráse a coñecer unha vez efectuado o sorteo.
Capturas: Aos efectos dos controis de capturas, xulgaranse para a pesaxe,
soamente aquelas que superen a talla mínima legal establecida pola
Consellería de Pesca da XUNTA DE GALICIA, para cada especie.
As pezas presentadas á pesaxe, inferiores en 1 cm. da medida mínima legal
establecida pola Consellería de Pesca, serán penalizadas descontando o seu
peso do total obtido.
Non serán admitidas como válidas as seguintes especies: muxo, congro, xarda e cefalópodos
Cebo: O isco a empregar será facilitado pola organización, igual para tódolos
participantes e consistirá en 12 caixas de coreana e 200 grs. de langostino.
O importe do mesmo é de 25 € que deberán ser aboados no momento
do sorteo.
Queda prohibido o engado.
Regulamento: Será de aplicación o Regulamento diciplinario da FGP., caso de ausencia inxustificada, en canto ao resto de normas, serán de aplicación as
reflectidas no Regulamento de Competición da FGP.
Según acordo asambleario é obrigatorio o uso do chaleco salvavidas en
acción de pesca, cada pescador terá que aportar o seu.