Aprazada por falta de ondas a 1ª Proba do Circuito Galego Open de surf e longboard, Os Castros (Ribadeo).
Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica, e vendo na praia as ondas que hai hoxe, vémonos obrigados a aprazar a proba prevista para este fin de semana en Os Castros (Ribadeo) dado que todas as previsións apuntan a que non haberá as condicións necesarias para a práctica do surf.
A nova data prevista está por determinar.
As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción, quedan xa inscritas automáticamente para a nova data. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS.