1ª Proba do Circuito Galego Caixa Galicia Xuvenil-Praia de Patos (Nigrán).
O fin de semán do 9 e 10 de Maio terá lugar a primeira proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Xuvenil.
As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 8 as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!
Circuito Galego Caixa Galicia 2009 >>>
CAMPIONATO: 1º Proba Circuito Galego Caixa Galicia infantil e xuvenil de surf e bodyboard.
ORGANIZA: Prado Surf Clube e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Nigrán.
DATA: 9 e 10 de Maio.
LUGAR: Praia de Patos (Nigrán).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 10:00 a 10:30 horas na praia. E ás 11:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Infantil e Xuvenil. Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil. MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO: 10 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 24 ás 13:00 horas.
INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( info@fgsurf.com ) ou un fax ( 986 29 93 78 ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.
NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.