Portada ›› Surf ›› 1ª Proba do Circuíto Galego de Surf e Longboard Open – Malpica (Malpica).

1ª Proba do Circuíto Galego de Surf e Longboard Open – Malpica (Malpica).

1ª Proba do Circuíto Galego de Surf e Longboard Open – Malpica (Malpica).

O fin de semana do 30 e 31 de Outubro terá lugar a primeira proba do Circuíto Galego das categorías Open de Surf e Longboard. As inscricipóns xa están abertas. Recorda que o xoves 28 de Outubro ás 13 horas é o derradeiro día para facer a inscrición e o pago realizáse mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

 

 

Circuito Galego 2010 >>>

 

CAMPIONATO: 1 ª Proba Circuíto Galego de Surf e Longboard Open.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf e Silfocamps.
COLABORA: Coca-cola, Concello de Malpica, Diseño gráfico "Faca", Bar J&B, La tienda de surf "Stockton", Casa rural "Pedra da arca", Finca "San Miguel", Submarino, Exxite Surfboard, Fingerboard, Revista "Baobab", Forno novo, Paintball Pedra da Arca, Casa Rural Pedra da Arca, Unionbikeshop A Coruña.
DATA: 30 e 31 de Outubro.
LUGAR: Praia de Malpica (Malpica).
CATEGORÍAS: Open (masculino e feminino).
HORA: Confirmación de inscripcións o sábado de 8:30 a 9:00 horas na praia. Ás 10:00 horas aproximadamente comezará a competición.
MODALIDADES: Surf e Longboard masculino e feminino.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros.
PREZO: 25,00 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 28 de Outubro ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax ao número: 986 29 93 78 e un e-mail
( info@fgsurf.com ) á Federación Galega de Surf cos seguintes datos:

 

1º) Club
2º) nome e apelidos do competidor
3º) DNI
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 28 de Outubro 13:00 horas.

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.