XL BANDEIRA DE BATEIS CONCELLO DE MOAÑA 2025

XL BANDEIRA DE BATEIS CONCELLO DE MOAÑA 2025
ORGANIZA : SD SAMERTOLAMEU
PATROCINA: CONCELLO DE MOAÑA
SUPERVISA : XUICES ÁRBITROS DA F. GALEGA DE REMO
DATA E HORA : 30 DE MARZO DE 2025 ÁS 10:30 H.
LUGAR : PORTO DE MEIRA - MOAÑA
REUNIÓN DELEGADOS : ÁS 09:00 H. NO LOCAL SOCIAL DO CLUBE
● A participación está aberta a tódolos Clubes da Zona Sur da Federación Galega de Remo, dentro das categorías que se recollen no Regulamento de Competición da Liga Galega de Bateis.
● As inscricións deberán realizarse a través da web da FEGAR (https://www.remogalicia.org). O prazo será ata o marcado pola plataforma. Para calquera incidencia coa inscrición contactar coa propia FEGAR.
● Antes do venres 28 as 14 horas, cada Clube participante deberá enviar un correo a samertolameu@gmail.com indicando o número de carros e vehículos para os que precisa autorización para aparcar no Porto, así coma si ven ou non con autobús. Non se poderá garantir o aparcadoiro os vehículos sen reserva.
● O propio día da regata cada club participante deberá entregar a folla de inscrición definitiva por duplicado e en cor ao equipo de xuíces árbitros na reunión de delegadas/os.
● A regata desenvolverase en liña, e a orden de saída será o que marca o Regulamento de Competición da Liga Galega de Bateis.
● Medallas para os tres primeiros equipos clasificados en cada categoría.
● Haberá dúas bandeiras, unha para a categoría Feminina e outra para a Masculina.
● A entrega de medallas e bandeiras será da seguinte forma: Alevín Mx, Alevín F, Alevín M, Infantil Mx, Infantil F, Infantil M, Cadete F, Cadete M, Xuvenil F, Xuvenil M, Sub23 F, Sub23 M, Absoluto F, Absoluto M, Bandeira F e Bandeira M. ● Puntuarán para optar á bandeira os equipos A, Femininos, Masculinos e Mixtos. Os alevíns mixtos puntuarán para a bandeira feminina e os infantís para a masculina. Poderán participar equipos combinados, os cales non puntuarán.
● Os gañadores da bandeira serán aqueles clubes que acaden un maior número de puntos por posto e por categoría.
● O sistema de puntuación para optar a Bandeira será o recollido no Regulamento da Liga Galega de Bateis.