Portada ›› Remo ›› Remontada e liderato para Samertolameu na segunda xornada de Bueu

Remontada e liderato para Samertolameu na segunda xornada de Bueu

Remontada e liderato para Samertolameu na segunda xornada de Bueu

A situación sanitaria obrigou a cancelar a Bandeira de Mera prevista para a xornada deste domingo. Para non perder un día de competición, os clubs, o concello de Bueu e a Xunta coordináronse para volver a disputar unha nova xornada en augas do Porto de Bueu.

Ao igual que no día anterior, con todas a medias sanitarias tamén no peirao, saíron a competir Rianxo, Muros e Mera. Nesta ocasión a loita estivo máis igualada entre os dous primeiros ata a terceira virada, na que a Virxe da Guadalupe aventaxou á Muradana en 10 segundos. Unha vantaxe que os de Rianxo defenderon ben para facerse coa primeira quenda. Por detrás, Mera pecharía a primeira partida.
A segunda manga foi dominada de principio a fin por Cabo de Cruz. Os de Boiro apenas deron opcións a Mecos e Esteirana. Pola súa parte, estas dúas embarcacións tiveron unha batalla moi igualada que acabarían gañando os do Grove por menod de dous segundos.
Na terceira quenda a igualdade foi máxima. Á primeira referencia chegaban os catro favoritos casi á para, con Vilaxoán cuarto por un segundo escaso. Na segunda virada Tirán Pereira lideraba, Samertolameu oversea era segunda, Bueu Tecarsa terceira e Vilaxoán cuarta, dous segundos de diferencia entre cada embarcación. A últimaa virada Tirán e Samertolameu chegaban á par, deixando xa a Bueu a 9 segundos e a Vilaxoán a 14. A Terca certificou a remontada nun gran último longo conseguindo a terceira vitoria da tempada. A segunda posición foi para Tirán Pereira, a terceira para Bueu Tecarsa, que por primeira vez na tempada entraban no top 3, e a cuarta para Vilaxoán.
Con este resultado, a SD Samertolameu Oversea recupera o liderado, ao empatar en puntos e postos co seus veciños de Moaña prima o resultado da última xornada. O resto da clasificación non sofre variacións, o máis destacado é que Bueu Tecarsa sitúase a tan sò un punto de Vilaxoàn.