Portada ›› Remo ›› Mecos – Coruxo e A Cabana saen máis líderes de Coruxo

Mecos – Coruxo e A Cabana saen máis líderes de Coruxo

Mecos – Coruxo e A Cabana saen máis líderes de Coruxo

O C.R. Mecos Coruxo Isabel gaña a cuarta xornada da liga Galicia Calidade. Nun final moi igualado a AD Esteirana remata segunda na liga b superando por centésima ao C.R. de Coruxo e ao C.C.D. Cesantes.

A ponte da Toralla acolleu a cuarta xornada da Liga Galicia Calidade e a quinta da Liga Galega de Traíñas B. Na categoría feminina, as campioas da I Bandeira Concello de Vigo feminina foron as líderes da liga, o C.R. Mecos Coruxo Isabel. A segunda posición foi para as remeira do C.R. Cabo de Cruz que remontaron ao C.R. Salgado Perillo, deixando as de Oleiros co terceiro posto. Na quenda seguinte a campioa foi a S.D. de Tirán Pereira, facendo o cuarto mellor posto da xornada. Segunda da manga e quinta da bandeira sería o C.R. Chapela. O sexto posto foi para o C.M. de Mugardos.

Na categoría masculina, o líder tamén se alzou ca XXVII Bandeira Concello de Vigo. O C.R. A Cabana de Ferrol superou a todos os rivais da súa quenda a pesar dun inicio moi igualado. Igualdade ca que chegarían as outras tres embarcacións que competían na mesma manga. A AD Esteirana chegaba en segunda posición superando por 12 centésimas ao CR de Coruxo e por 43 ao CCD Cesantes.

Na segunda quenda o gañador foi o C.R. de Cedeira, facendo o quinto posto da xornada. Sexto foi o CM de Castropol tras rematar segundo na segunda quenda. En terceira posición desta manga chegou o CR Salgado Perillo cuxo tempo foi peor ao que fixera o CR de Chapela na primeira quenda. Situando ao de Oleiros en oitava posición e aos de Chapela en sexta. Pecharon a bandeira o CM Mugardos e o CR de Vila de Cangas.