Portada ›› Remo ›› Cabo feminino e Samertolameu Oversea aumentan os seus liderados en Rianxo

Cabo feminino e Samertolameu Oversea aumentan os seus liderados en Rianxo

Cabo feminino e Samertolameu Oversea aumentan os seus liderados en Rianxo

A Liga Galega de Traiñeiras A e a Liga Feminina desprazáronse a Rianxo para disputar unha nova xornada do Trofeo Xunta de Galicia. Cun mar picado e un vento elevado, as remeiras da Liga Feminina foron as primeiras en saír a competir. Fixérono con dificultades debido á climatoloxía pero finalmente, sen estacha, puideron comezar a competir.

Aque chegou a estar a menos de 10 segundos das de Ribeira pero que finalmente acabou bastante lonxe. Pechou a quenda Puebla, as condicións dificultaron moito a regata á embarcación debutante, aínda así, as remeiras da Pobra, unha vez máis, loitaron ata o final.

A segunda quenda estivo moito máis igualada, cunhas condicións climatolóxicas máis favorables. Comezou con Chapela liderando por diante de Cabo e con Salgado Perillo e Tirán Pereira
seguindo moi de cerca. Na segunda referencia, Chapela seguía na cabeza, Tirán poñíase á altura de Cabo e pechaba Perillo. Pero na última virada, foi cabo de Cruz a que chegou por diante
con Tirán á par de Chapela e Perillo aguantando. Finalmente, Cabo asegurou a súa vitoria e aumenta o seu liderado na Liga, xa que as rapazas de Tirán Pereira conseguiron superar a Chapela.
Perillo chegou cuarta, moi preto, e superando a todos os rivais da primeira quenda.

Liga A

Tras as rapazas, chegou o momento da Liga A con dúas quendas lanzadas. Na primeira Cesantes lideraba por diante de Muros e Salgado Perillo coa Esteirana en cuarta posición.
Na segunda manga a que lideraba era Puebla, por un segundo respecto a Mera e terceira chegaba Rianxo. A situación non cambiou na primeira quenda ata o final da regata, aínda que
Muros quedou moi preto de Cesantes Rodavigo e Esteirana tamén se achegou de forma importante a Salgado Perillo. Os cambios e a emoción estiveron na segunda manga. No ecuador
da proba, Mera colleu a dianteira por diante de Puebla e de Rianxo. Os locais pendentes do cronómetro en tempos similares a Cesantes Rodavigo e Muros. Pero no último longo, Puebla
dvolveulle a moeda a Mera gañándolle por apenas un segundo. Rianxo pechou a quenda cun tempo mellor que o de Muros pero peor que o de Cesantes Rodavigo.
Tras as quendas lanzadas, as favoritas saíron a competir. Comezou liderando Samertolameu Oversea, apenas un segundo por diante de Bueu Teccarsa, catro de Cabo e seis de Mecos.
Pero a igualdade inicial foise diluíndo co paso das viradas. Ao terceiro xiro, o líder avantaxaba con 9 segundos a Bueu Teccarsa e a un Cabo que se poñía á par dos da Maruxía.
Mecos caía oito segundos por detrás de ambas embarcacións. A diferencia foi suficiente para Samertolameu Oversea, que certificou a súa novena vitoria da tempada. Un triunfo que tivo
premio dobre, xa que os rapaces de Cabo conseguiron remontar a Bueu Teccarsa no último longo. Cuarto foi Mecos, cun tempo superior aos rivais das mangas anteriores.