Portada ›› Remo ›› Ares aperta a liga

Ares aperta a liga

Ares aperta a liga

O C.R. Ares gaña a XVI Bandeira Concello de Rianxo. O C.R. Mecos Isabel mantén o liderado da liga. O C.R. de Rianxo remata sétima dende a primeira quenda.

A Liga Galega de Traíñas A desprazouse a Rianxo para disputar a XVI Bandeira Concello de Rianxo. Ao tratarse da 9 xornada de liga e pasar o ecuador da tempada a orde de saída viría dada pola clasificación da xeral e non pola orde de postos do día anterior. Con isto as quendas compuxéronse cos equipos habituais.

Na primeira, o C.R. de Rianxo, remando ante a súa afección, encabezou a manga de principio a fin ca vista posta nos rivais da quenda seguinte. Por detrás Muros ganáballe a partida a Amegrove.

Na quenda seguinte, o C.R. Cuca – Vilaxoán tamén marcou o ritmo en todo momento. O C.M. Bueu – Teccarsa aguantaba o ritmo nos primeiros compases pero nos últimos longos a loita de Bueu era con Mera e co tempo de Rianxo. Finalmente a Maruxía superou aos locais por dous segundos. Mera chegaba terceira empeorando o tempo de Rianxo e Cabo de Cruz pechaba en cuarta posición da quenda e 8 da xeral.

A bandeira decidiuse na quenda de honra. O C.R. Ares liderou a regata pero moi seguido do C.R. Mecos – Isabel e da S.D. de Tirán Pereira. A S.D. Samertolameu Oversea situábase cuarta pero sen descolgarse. Mellorando os tempos da quenda seguinte o C.R. Ares fíxose coa manga e coa bandeira. Segundo finalmente chegaba a S.D. Tirán – Pereira e terceiro o líder, o C.R. Mecos – Isabel. A cuarta posición foi para a S.D. Samertolameu – Oversea que tamén mellorou os tempos de Vilaxoán.