Portada ›› Remo ›› A Cabana vence en un final de infarto

A Cabana vence en un final de infarto

A Cabana vence en un final de infarto

73 centésimas separaron a los de Ferrol de la AD Esteirana que fue segunda

A Cabana logrou a V Bandeira Concello de Redondela na primeira xornada da Liga B disputada no porto de Cesantes.

Tratándose da primeira proba da tempada o orden das tandas foi a sorteo. Na primeira saíron Cedeira, Vila de Cangas e Mugardos. Moita igualdade entre as dúas primeiras embarcacións nos dous primeiros longos, Mugardos o intentou pero quedou sen opcións no terceiro, momento no que Cedeira deu a estocada final e logrou vencer na súa tanda con certa comodidade.

Na segunda foi o turno de A Cabana, que resultaría finalmente gañadora, Chapela e Coruxo. Tratouse da máis desigual, pois xuntaronse na mesma tanda o vencedor e o pecha cancelas desta mañá en Cesantes. Os ferroláns marcaron dende o inicio un ritmo que Coruxo foi quen de aguantar ata o segundo longo, pero os vigueses caeron rendidos no terceiro, sete segundos que finalmente vironse aumentados ata case o dobre. A Cabana parou o crono en 20:46:00, o tempo a batir polas catro embarcacións que pechaban esta mañá a primeira cita da Liga.

Na terceira e derradeira quenda foi o turno de Esteirana, Perillo, o conxunto anfitrión de Cesantes e Castropol. Unha loita que semellaba, tras ver o primeiro longo, entre os de Esteiro, os anfitrións e os asturianos de Castropol. Pero finalmente non foi así, estos últimos desengancharonse da pelexa no segundo longo para conquerir a V Bandeira Concello de Redondela e xa no terceiro e salvo remontada de Cesantes que non aconteceu, unha pelexa man a man entre os de Esteiro e os ferroláns da Cabana. Finalizaba pois este penúltimo longo dominando a regata a Esteirana con dous segundos menos que A Cabana.

Semellaba que a diferencia seria infima e así foi, Esteiro parou o crono prácticamente empatado con A Cabana que finalmente logrou vencer coa súa embarcación Albatros na primeira proba do ano cunha diferencia de 73 centésimas, máis emoción imposible