Portada ›› Surf ›› 2ªProba do Circuito Galego de Surf e Longboard Open - Esteiro (Xove).

2ªProba do Circuito Galego de Surf e Longboard Open - Esteiro (Xove).

O fin de semana do 5 e 6 de Setembro terá lugar a segunda proba do Circuíto Galego das categorías Open de Surf e Longboard. As inscricipóns xa están abertas. Recorda que o xoves 3 ás 13 horas é o derradeiro día para facer a inscrición e o pago realizáse mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

CAMPIONATO: 2 ª Proba Circuíto Galego de Surf e Longboard Open.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf, Concello de Xove e A Mariña Surf Club.
COLABORA: Coca-cola, Concello de Xove e THC Surf Shop.
DATA: 5 e 6 de Setembro.
LUGAR: Praia de Esteiro (Xove).
CATEGORÍAS: Open (masculino e feminino).
HORA: Confirmación de inscripcións o sábado de 9:30 a 10:00 horas na praia. Ás 10:30 horas aproximadamente comezará a competición (ao longo do día do venres 4 publicarase na Web da FGS o horario de competición así como as mangas).
MODALIDADES: Surf e Longboard masculino e feminino.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros.
PREZO: 20 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 3 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax ao número: 986 29 93 78 e un e-mail
( info@fgsurf.com ) á Federación Galega de Surf cos seguintes datos:
1º) Club
2º) nome e apelidos do competidor
3º) DNI
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 3 de Setembro 13:00 horas.

 

 

Federación Galega de Surf
c/.Fotógrafo Luís Ksado, 17 - Oficina 17 - 36209 VIGO-Galicia
Tel. 986 239095 Fax. 986 299378 Email. info@fgsurf.com