Portada ›› Remo ›› XXI BANDEIRA DE BATEIS E V BANDEIRA FEMININA DE BATEIS CIDADE DE FERROL

XXI BANDEIRA DE BATEIS E V BANDEIRA FEMININA DE BATEIS CIDADE DE FERROL

XXI BANDEIRA DE BATEIS E V BANDEIRA FEMININA DE BATEIS CIDADE DE FERROL

PATROCINA Concello de Ferrol
ORGANIZA Club de Remo A Cabana – Ferrol
LUGAR Enseada de A Cabana (Ferrol)
DATA 29.03.2025
HORA 15.00h
REUNIÓN DE DELEGADAS/OS 13:30h, ximnasio Club de Remo A Cabana-Ferrol

A regata realizarase na modalidade en liña e poderán participar tódolos equipos de bateis da zona norte e tódalas tripulacións que o desexen, dentro das categorías que se recollen no Regulamento de Competición da Liga Galega de Bateis.
As inscricións deberán realizarse a través da web da FEGAR (https://www.remogalicia.org) no prazo que marca o Regulamento de Competición da Liga Galega de Bateis. Para calquera incidencia coa inscrición contactar coa propia FEGAR.
O propio día da regata cada club participante deberá entregar a folla de inscrición definitiva por duplicado, e a poder ser, en cor ao equipo de xuíces árbitros na reunión de delegadas/os.
A regata desenvolverase conforme ao Regulamento de Competición da Liga Galega de Bateis, e á normativa vixente para regatas de bateis da Federación Española de Remo e estará supervisada por árbitros da Federación Galega de Remo.
PREMIOS
Medallas de cor Ouro, Prata e Bronce para os tres equipos mellor clasificados en cada categoría.
Dúas bandeiras, feminina e masculina, para os clubs que consigan máis puntos na clasificación xeral

Normativa Bandeira de Bateis Cidade de Ferrol 2025-1