Tirán afianzase no liderato coa terceira victoria consecutiva
A liga galega de traiñeiras volveu a competición tras unha semana de parón, debido á celebración do campionato de España, para disputar a XXV Bandeira concello de Bueu. Con todas as medidas de seguridade garantidas, numerosos afeccionados achegáronse ao Porto de Bueu.
A primeira das quendas definiuse na primeira virada. Rianxo lideraba seguido de Muros e Mera, pero cunhas diferenzas amplas entre cada embarcación. Diferenzas que foron aumentado nas seguites referencias ata certificar a vitoria na quenda de Rianxo. Sen cambios, seguido de Muros e Mera.
A segunda partida estivo máis axustada. Mecos e Cabo empataban na primeira referencia, seguíaos de cerca a Esteirana, pero cun tempo peor co de Rianxo na quenda anterior. Na segunda ciaboga lideraba a Mequiña por pouca diferencia com respecto a Cabo. Esteirana continuaba sen mellorar o tempo de Rianxo. No terceiro longo Cabo tomou vantaxe, pasando de estar 3 segundos por detrás a 5 por diante de Mecos. Esteirana agora si superaba a Rianxo. No último longo os do Grove apretaron pero nun final moi axustado, os de Boiro quedaban por diante por tan só un segundo. Terceiro era Esteirana que melloraba os tempos dos rivais das quendas anteriores.
A última manga estivo moi igualada, especialmente nas primeiras referencias. Á primeira virada chegaban as catro embarcacións en diferenzas de diferenza, Samertolameu Oversea marcaba o ritmo. Na segunda virada o líder da liga, Tirán Pereira poñíase por diante, Samertolameu era segunda e Vilaxoàn adiantaba aos anfitrións. Na segunda parte da regata Tirán Pereira certificou o seu liderado da Liga Galega de traiñas Trofeo Xunta de Galicia coa terceira bandeira consecutiva. Samertolemeu Oversea aguantou na segunda posición, Vilaxoàn teceira e Bueu Tecarsa cuarta.
A clasificacion da regata foi a mesma ca da liga co cal non se rexistra ningún cambio. Tirán Pereira lidera cun punto máis que Samertolameu Oversea.