Portada ›› Remo ›› IV BANDEIRA DE BATEIS COMUNIDADE DE MONTES DE MEIRA 2025

IV BANDEIRA DE BATEIS COMUNIDADE DE MONTES DE MEIRA 2025

IV BANDEIRA DE BATEIS COMUNIDADE DE MONTES DE MEIRA 2025

Sábado 29 de Marzo as 10.30 horas Porto de Meira, Moaña
ORGANIZA : SD SAMERTOLAMEU
PATROCINA: COMUNIDADE DE MONTES DE MEIRA
SUPERVISA : XUICES ÁRBITROS DA F. GALEGA DE REMO
DATA E HORA : 29 DE MARZO DE 2025 ÁS 10:30 H.
LUGAR : PORTO DE MEIRA - MOAÑA
REUNIÓN DELEGADOS : ÁS 09:00 H. NO LOCAL SOCIAL DO CLUBE.

planomeira

● A participación está aberta a tódolos Clubes da Zona Sur da Federación Galega de Remo, dentro das categorías que se recollen no Regulamento de Competición da Liga Galega de Bateis.
● As inscricións deberán realizarse a través da web da FEGAR (https://www.remogalicia.org). O prazo será ata o marcado pola plataforma. Para calquera incidencia coa inscrición contactar coa propia FEGAR.
● Antes do venres 28 as 14 horas, cada Clube participante deberá enviar un correo a samertolameu@gmail.com indicando o número de carros e vehículos para os que precisa autorización para aparcar no Porto, así coma si ven ou non con autobús. Non se poderá garantir o aparcadoiro os vehículos sen reserva.
● O propio día da regata cada club participante deberá entregar a folla de inscrición definitiva por duplicado e en cor ao equipo de xuíces árbitros na reunión de delegadas/os.
● A regata desenvolverase en liña, e a orden de saída será o que marca o Regulamento de Competición da Liga Galega de Bateis.
● Medallas para os tres primeiros equipos clasificados en cada categoría.
● Haberá dúas bandeiras, unha para a categoría Feminina e outra para a Masculina.
● A entrega de medallas e bandeiras será da seguinte forma: Alevín Mx, Alevín F, Alevín M, Infantil Mx, Infantil F, Infantil M, Cadete F, Cadete M, Xuvenil F, Xuvenil M, Sub23 F, Sub23 M, Absoluto F, Absoluto M, Bandeira F e Bandeira M. ● Puntuarán para optar á bandeira os equipos A, Femininos, Masculinos e Mixtos. Os alevíns mixtos puntuarán para a bandeira feminina e os infantís para a masculina. Poderán participar equipos combinados, os cales non puntuarán.
● Os gañadores da bandeira serán aqueles clubes que acaden un maior número de puntos por posto e por categoría.
● O sistema de puntuación para optar a Bandeira será o recollido no Regulamento da Liga Galega de Bateis.