Portada ›› Remo ›› Cesantes e Salgado Perillo ascenden á liga A

Cesantes e Salgado Perillo ascenden á liga A

Cesantes e Salgado Perillo ascenden á liga A

A tempada 2020 da liga galega de traiñeiras, trofeo xunta de Galicia, puxo o punto final á competición en augas de Rianxo.

As embarcacións repetían no mesmo escenario que o día anterior para loitar pola victoria na segunda xornada do play off 2020.O principal enfrontamento o disputaron Salgado Perillo e Cesantes que durante todas as referencias marcaron tempos similiar. Na primera virada, de feito, xiraron no mesmo tempo, Mera afastábase 10 segudos por detrás. Á segunda referecia Cesantes chegaba 5 segundos mellor que Salgado Perillo, Mera mantíñase 10 por detrás dos seus veciños. Na última virada os da Santa Leocadia recurtaban 2 segundos e poñíanse 3 por detrás, Mera perdía as súas opción empeorando o tempo dos de Redondela en máis de 30 segundos. Finalmente Cesantes fixo valer a súa vantaxe e gañou a segunda xornada, alzándose coa bandeira do play off e ascendendo por primeira vez á liga A. Salgado Perillo chegaba en segunda posición, xustamente cando Ares atopábase competindo na Euskolabel league. A salvación da embarcación de Ares certificaba o ascenso dos de Perillo que regresan á liga A tras dúas tempadas dende a B. Unha praza que perde Mera que tras unha tempada complicada e con moitos cambios, os da Mariñeira foron de menos a máis e remataron moi preto dos seus rivais. Aínda así Mera ten dúas opcións para manterse na liga A. Opcións que pasan polo ascendo a Euskolabel League da SD Tirán Pereira ou da SD Samertolameu. Co play off de Rianxo, a Liga Galega de Traiñeiras despediuse dun ano moi complicado, no que a organización foi capaz de velar pola seguridade tanto dos remeiros como dos afeccionados, reaccionando ás dificultades que xurdían con medidas que primaban o aspecto sanitario antes que o deportivo. A vista xatá posta xa na tempada 2021, agardando que se supere a crise sanitaria e que volvan ao mar todos os clubs que non puideron competir este ano.

30_08_20_05