Portada ›› Remo ›› Cabo feminino e Samertolameu Oversea triunfan na Pobra

Cabo feminino e Samertolameu Oversea triunfan na Pobra

Cabo feminino e Samertolameu Oversea triunfan na Pobra

Murgardos venceu en Cangas e sitúase líder da Liga B

Comezaron as remeiras coa disputa da I Bandeira Feminina Alicrusa. A disposición das traiñeiras veu dada por sorteo ao ser a primeira xornada da temporada. O azar colocou a Cabo e a Tirán Pereira, campioas e subcampioas da tempada pasada, xunto con dúas embarcacións novas como son Puebla e Mugardos. As vixentes campioas non deron opción a ningunha das súas rivais e superaron a Tirán Peireira cunha ampla vantaxe. Mugardos foi terceira moi distanciada das de Moaña e a Pobra rematou cuarta.

04_07_21_13

Nunha segunda quenda máis igualada partiron Chapela, Ribeira, Rianxo e Salgado Perillo. As primeiras referencias situaban as catro embarcacións en tempos similares. Chapela lideraba, Perillo segunda, Ribeira terceira e Rianxo cuarta. Pero a igualdade do comezo foise disolvendo a medida que avanzaba a regata. En cada referencia Chapela aumentaba a súa vantaxe gañando con claridade a Salgado Perillo, pero sen poder mellorar o tempo de Cabo e si o de Tirán Pereira. Perillo chegaba segunda, pero sen mellorar o tempo das moañesas. No duelo entre as dúas embarcacións do Barbanza, Riveira superou a Rianxo e ambas melloraron os tempos de Mugardos e Puebla.

Liga A

Trala competición feminina, a Liga A disputaba na proba a súa segunda xornada. Coa XVI Bandeira da Pobra en xogo, as traiñeiras saíron a competir polo orde marcado pola clasificación, as dúas primeiras quendas lanzdas. De esto xeito, puido gozarse na Pobra dunha regata poi igualada e disputada especialemte na zona media baixa.

Puebla, Vilaxoán, Perillo e Rianxo abriron a contenda. Os anfitrións lideraban nas primeiras referencias con Vilaxoán e Rianxo case á par. Perillo chegaba por detrás dos seus rivais pero moi preto, reducindo considerablemente os tempos con respecto á semana pasada. Aínda que Vilaxoán conseguía coller a cabeza da quenda, finalmente Puebla recuperaría a primeira posición rematando con 5 segundos de diferenza con respecto a Rianxo, que superaría aos vilaxoaneses nun final moi igualado. Perillo pechaba cuarto distanciándose máis dos seus rivais nas últimas viradas.

04_07_21_14

Mentres competía a primeira manga, saía a segunda. Esteirana, Muros, Mecos e Cesantes Rodavigo protagonizaban a segunda partida. A mequiña púxose en cabeza nas primeiras referencias, con Cesantes Rodavigo moi preto e Muros e Esteirana disputando o posto por detrás. A situación non cambiou ata o último longo, onde a embarcación de Cesantes remontou para superar aos do Grove por tan so 40 centésimas, marcando os mellores tempos nese momento da regata. O duelo entre a Esteirana e Muros o gañaron os primeiros, pero ambas embarcacións caían aos últimos postos da xeral.

Na última quenda partían os catro primeiros claisificados: Mera, Cabo da Cruz, Bueu Teccarsa e Samertolameu Oversea. As dúas últimas compartían manga por primeira vez tras rematar a tan só un segundo de diferencia na primeira xornada. Pero o líder da liga marcou un ritmo tan forte que deixou case sen opcións aos seus rivais. A Terca chegou en primeira posición a 17 segundos de Bueu Teccarsa. Os da Maruxía disputaron esta vez un cara a cara con Cabo da Cruz que os de Bueu se levaron por unicamente dous segundos. Mera chegaba en cuarta posición pendente do crono, cuns tempos similares aos mellores rivais das quendas anteriores. Os tempos finais situaron a Mera sexta, 12 centésimas mellor que Puebla e por detrás de Cesantes, que conseguían unha gran cuarta posición, e Mecos que remataba quinta.

04_07_21_15

Liga B

A competición que fixo dobrete esta fin de semana foi a Liga B masculina. De novo na ría de Vigo, pero desta vez no Morrazo, tivo lugar este domingo a XXXI Bandeira Concello de Cangas. Mugardos, segunda o día anterior na Bandeira Concello de Vigo, conseguiu un triunfo que lle outorgou a camisola de líder da xeral.

Os mugardeses marcaron territorio no duelo con outras dúas embarcación de Ferrolterra dende o primeiro longo da quenda de honra, superando en 4 segundos a Narón, que defendía o maillot amarelo, e a Cedeira. Mugardos non deixou de ir a máis e anotouse o triunfo con 17 segundos de marxe sobre Narón, con quen empata a punto no máis alto da clasificación xeral.

A vencedora o día anterior en Vigo, conseguiu remontar no último longo 4 segundos de desvantaxe con Amegrove, a traiñeira que marcara o mellor tempo na segunda quenda. O cuarto posto nesta bandeira correspondeu a Cedeira e o quinto a Chapela, que remando na manga de honra rebaixou en 2” o rexistro da anfitrioa Vila de Cangas na serie intermedia.

A gañadora da primeira quenda, Virxe da Guía, finalizou sétima. Os vigueses, ademais de batir aos seus rivais de serie, Castropol e A Cabana Ferrol, tamén se clasificaron por diante de Samertolameu Oversea B, que rematou oitava, e de Puebla B, que pechou a táboa.