A Liga Galega de Traiñeiras confirma a participación de 31 clubs para 2021
A Liga Galega de Traiñeiras ratificou onte a boa saúde da que goza o remo galego en xeral e as traiñeiras en particular.O crecemento que se ven traendo nos últimos tempos é palpable, e é que ata 31 embarcacións participarán na edición 2021.
Con esta cifra iguala á de clubs inscritos na tempada 2020, coa salvedade de que a tempada pasada ata 9 equipos se deran de baixa a causa da pandemia. Polo que si, estaríase a falar da competición máis grande da historia da Liga Galega de Traiñeiras.
Este feito ten dobre mérito, xa que ademais de tratarse dun récord de participación, estase a dar nun contexto de recuperación de todo o tecido deportivo, un sector moi golpeado pola pandemia. Na competición tomarán arredor de 680 deportistas de toda a comunidade galega.
A salientar a consolidación da Liga Feminina que contará con 8 participantes, sen dúbida un grande avance en materia de promoción do deporte feminino.
Ademais as condicións seguen a ser totalmente igualitarias entre mulleres e homes: premios a percibir, distancia a remar e requisitos de remeiros/as canteiráns nas aliñacións.
Ao largo deste mes de marzo confeccionarase o calendario definitivo de competición da Liga Galega de Traiñeiras, que terá unha previsión durante a reunión de clubs do día 12 de marzo.
As tres Ligas quedan repartidas da seguinte forma:
LIGA A | LIGA B | LIGA FEM |
1- SD Samertolameu 2- CR Vilaxoán 3- CM Bueu-Teccarsa 4- CR Cabo da Cruz 5- CR Mecos 6- AD Esteirana 7- CR Rianxo 8- CR Muros 9- CR Puebla 10- CCD Cesantes 11- CR Salgado-Perillo 12- CDM Mera | 1- CR Narón4 2- CR Chapela 3- CM Castropol 4- CR Cedeira 5- CM Mugardos 6- CR A Cabana-Ferrol 7- Amegrove CR 8- CR Virxe da Guía 9- CR Vila de Cangas 10- SD Samertolameu B 11- CR Puebla B | 1- CR Cabo da Cruz 2- SD Tirán 3- CR Salgado-Perillo 4- CR Chapela 5- CR Rianxo 6- CRN Riveira 7- CR Puebla 8- CM Mugardos |