A LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS ARRANCARÁ O 18 DE XULLO
Dende a organización elaborouse unha reforma ao calendario inicial motivado pola crise do covid-19.
Así, aprobouse hai uns días en asemblea de clubs que o inicio da LGT pasase ao 18 de xullo, sendo a primeira proba a de Cabo de Cruz pertencente á Liga A.
Todo elo estará supeditado ao estipulado polas autoridades sanitarias en cada momento.