Portada ›› Mar, Pesca, Sub y Ecología ›› Concursos .Pesca deportiva ›› XX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

XX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

XX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

20 Anos xa do 1º Trofeo de pesca Cidade de Narón

Da mesma maneira que no últimos 20 anos imos organizar este ano o XX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA , a súa data de celebración vai ser ó igual que en edicións anteriores o día 17 de Maio , Día das Letras Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto troiteiro de Xubia .
Puntuarán únicamente troita e reo, sendo o cebo de libre elección para o participante.
Sinalar que dentro destas actividades de xestión que se levan a cabo ó longo do ano e que realizan socios da sociedade encóntranse as de limpeza de marxes , eliminación de lixo do cauce e restauración de graveiras de freza
PROGRAMA:
• 7:30 Concentración no bar aOs Rubios (A Mourela-Neda)
• 9:00 Inicio da proba
• 13:45 Entrega de capturas e pesaxe na nova sede Social do Lugar de Cerdeiras

Por último anotar que a actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar na Feira do Trece en Sedes (Narón) a apartir das 15:00 h.onde nos acompañarán os participantes dos campionatos de caza san Huberto e Rastro de Xabarín Cidade de Narón, tamén organizados por esta sociedade.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante , posto que o concurso ten carácter aberto por estar patrocinado polo Padroado de Deportes do Concello de Narón.
En ámbolos dous casos , rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos que o horario de oficina é de 20.00 a 21.00 h. Os venres ; o noso tel-fax é 981 387809 ou mediante o correo electrónico arrotreba1@terra.es
Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262