Troita de Ouro da Pontenova aos “Artesáns da Pesca”
En A Pontenova, a 7 de abril de 2015.
Reunida a Xunta Directiva do Centro de Iniciativas Turísticas para nomear a Troita de Ouro deste ano, a persoas ou colectivos que se distingan pola defensa, investigación, divulgación e deporte da pesca fluvial; decídese conceder a Troita de Ouro ao colectivo “Artesáns da pesca”.
A gala de entrega terá lugar o vindeiro día 30 de abril, ás 8 da tarde, no salón de actos da Casa da Cultura de A Pontenova.
No mesmo acto, terá lugar a lectura do Pregón a cargo do pescador e xornalista Juan Delibes a quen tamén se lle imporá a Insignia de Ouro da XXXVII Festa da Troita.
Posteriormente terá lugar a inauguración do Aula de Interpretación da Pesca (Museo da Pesca) sita no edificio da Oficina de Turismo de A Pontenova.
Xunta Directiva CIT A Pontenova.
“ARTESANS DA PESCA”
Este grupo de artistas do torno, da creación e da montaxe de todo tipo de complementos de pesca acadaron a CARTA DE ARTESÁN da XUNTA DE GALICIA en 2010 e quedaron inscritos no Rexistro Xeral de Artesáns da administración autonómica.
JULIO SEIJAS, OSCAR GAYOSO, FERNANDO COMBA, FRANCISCO PORTO, SUSO VILAR, ALBERTO MERA, ANDRÉS TOUCEDA, MANUEL GARCIA, ELOY SAAVEDRA, NOELIA GAYOSO, XAQUÍN L. MUÍÑOS, MIGUEL SEOANE, LUIS PIÑEIRO, JUAN JOSE GAYOSO, JORGE RODRÍGUEZ MADERAL e JOSE MANUEL BALDONEDO.
Pincipios e Obxectivos de “Artesáns da Pesca”:
- Divulgar a artesanía da montaxe.
- A defensa do mundo da pesca como actividade lúdico-deportiva.
- A dignificación e potenciación da montaxe artesanal de moscas, señuelos e complementos de pesca.
- A organización e desenvolvemento de cursos de montaxe em colaboración coa Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con.
- A dinamización do sector da montaxe e da creación.
- A defensa do producto autóctono fronte as intromisións de mercados foráneos.
- Estipular un código profesional para a comercialización de complementos de pesca.